Novas

O documental Xorima estréase en Nós Televisión

Xorima poderá verse este sábado 2 de decembro ás 21h na canle Nós Televisión, no dial 119 de R.

Nós Televisión é un medio de comunicación cun equipo humano formado por profesionais do ámbito audiovisual, xornalístico e da publicidade coa conciencia situada en Galicia. É un referente no audiovisual galego, co obxectivo de producir e difundir contido de calidade e de carácter divulgativo centrado sobre todo na cultura e na lingua galegas.

O documental Xorima, que poderá verse este sábado 2 de decembro ás 21h, é o reencontro dos integrantes do grupo de folk galego Xorima despois de 40 anos e o retrato da súa influencia na xénese do universo do folk galego actual. A reivindicación da cultura propia, os cambios sociais e culturais da Transición, a aventura e o desafío duns mozos que se abren ao mundo exterior, o sentimendo de agradecemento e amizade entre os protagonistas e mais o seu legado musical son os temas que vertebran esta homenaxe audiovisual dirixido por Sofía Naseiro.

Cargando...

Xorima

Xorima foi un grupo revelación no nacente folk instrumental galego dos primeiros anos oitenta, formado en 1981 por cinco rapaces moi novos que comezaron a tocar xuntos na época do instituto. A aventura daqueles tempos levounos a tocar nos máis importantes festivais de folk en Galicia, a península e o estranxeiro.

A formación orixinal, a de Queno Eimil, Xosé Ramón Vázquez, Xosé Lois Pernas, Carlos Arturo Celeiro e Eduardo Baamonde, reúnense para este proxecto despois de corenta anos.

Primeira formación de Xorima

Escoita!

  • Xorima
  • A cova da serpe
  • Compañeiros
  • Caldaloba
  • Danza do afiador
  • Feira de santos
  • Unha noite en Noche
  • O gaiteiro avergoñado
  • Danza dos brechos
  • Muiñeira/jig of slurs
Cargando...

Este sitio web utiliza cookies, podes ver a nosa pólitica de cookies aquí. Se continúas navegando estás aceptado o seu uso.